Comezaba o partido tolo, sen un claro dominador, con envites por ambos os lados. A primeira ocasión de Diego Otero convértese en gol no 19´ tras un erro defensivo. Pero pouco tardaría o equipo naronés en empatar, merced dun bo chute de falta de Carlos Mella que se converte directamente no 1-1. O visitante Louro imitou a Mella e puxo da mesma forma o 1-2. Pouco despois, no 27´un centro de Mella que toca Koki impacta nun defensa, que introduce o balón para pór o 2-2. Segundo a acta do partido o defensor é Ivan Sanchez. Instantes despois foi outra vez Diego Otero o que culmina unha contra para pór o 2-3 co que se chegaba ao descanso. Todo isto, en 10 minutos.
Coa continuación o equipo naronés presionaba para tentar dar unha alegría. Pero o seu esforzo foi en balde. Jorge Nano vería no 63´o camiño da caseta ao recibir o seu segundo cartón amarelo. A raiz do saque desta falta Ruben Mendez puxo o 2-4 definitivo. Pero a cousa non acababa aqui. Se xa de por se era dificil, o segundo cartón amarelo a Carlocho no 75´ deixaba case imposible a remontada azulona. Así morreu o partido, onde o Mesón devolveu o 0-1 da ida en forma de 2-4.
No hay comentarios:
Publicar un comentario